domingo, 27 de abril de 2008

ESCULTURA BARROCA: BERNINI

      
      Bernini Escultor from Ana Rey

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Dicir Bernini é dicir Roma, pois a súa obra está por doquier: o David, o Rapto de Proserpina, a Fonte dos Catro Ríos, Ponte Sant'Angelo... e, por suposto, o Éxtase de Santa Teresa, unha obra mestra sen discusión.
Con todo, e pola miña experiencia persoal, o Éxtase da Beata Ludovica Albertoni está á par do de Santa Teresa.
Certo é que, no caso da Beata, hai circunstancias que favorecen a apreciación do espectador e a primeira delas é a súa ubicación en San Francesco a Ripa, unha igrexa apartada, fora do circuito máis turístico, co cal hai menos xente e máis tempo para a contemplación e non hai impedimento físico para achegarse á escultura ata case tocala.
Por outra banda, aínda sendo unha obra barroca, a Beata é unha composición menos espectacular, sen anxo nin nube nin palco dos Cornaro que distraian a atención, e está situada a rente o chan, nunha proximidade humana con quen a contempla que facilita a concentración.
Magníficos os pregues do hábito, e a expresión facial e o xesto das mans, sublimes, non desmerecen, en absoluto, dos de Santa Teresa.
Uns minutos a soas con Ludovica son unha experiencia inesquecible.

Ana dijo...

Totalmente de acuerdo contigo. A mi también me gusta más la Beata Albertoni, sin tanta escenografía. Pero la obra que prefiero de Bernini es Apolo y Dafne...una mezcla de elegancia, sensualidad y evocación del helenismo griego...

Anónimo dijo...

Me alegra que coincidamos na preferencia de Ludovica sobre Teresa. Mágoa que, ademáis de filosofía, non tivera estudado arte contigo...
No campo mitolóxico, para equilibrar a balanza e polos mesmos motivos que ti indicas, eu inclínome por o Rapto de Proserpina. Tamén, por unha disfunción morbosa particular, me gusta moito o sepulcro de Alexandre VII e, carecendo dunha razón clara do porqué, me parece formidable o San Andrés que está no Vaticano.

Ana dijo...

¡Por fin te defines...curioso impertinente!
La pena es que en lugar de Filosofía (no, además), no te hubiera dado clase de Arte. Ahora tienes mis aportaciones tardías...aunque ya veo que te has formado por tu cuenta muy bien.Tienes una gran sensibilidad y eso te hará disfrutar mucho con la cultura, lo cual es muy gratificante.
A mi también me gusta el Rapto de Proserpina, es impresionante el tratamiento de las superficies que hace Bernini.
¿Qué te ocurre con Alejandro VII?...

Antonio Martínez dijo...

Aínda que con algo de retraso, acabo de coñecer este magnífico grupo de presentacións de Ana) atrévome a opinar que o Apolo e Dafne foron unha sorpresa velos en Roma, posto que se ben xa admiraba a Bernini, ver este grupo no Galeria Borghese foi impactante. Desde entón, e a pesar das vosas opinións, para min Bernini é Apolo e Dafne.
Saúdos.

Ana dijo...

Yo también prefiero Apolo y Dafne. Es una obra que siempre me impactó. De hecho, observarás que la he colocado en la primera diapositiva de la presentacción.
Saludos

Anónimo dijo...

Agora que me recoñeceches, permíteme que sega sendo O Curioso Impertinente e manteñamos a complicidade.
Podes estar segura que vou aproveitar no que poida as túas aportacións tardías, como ti dis, e insisto no "ademáis", as clases de filosofía non caíron en saco furado.
Con Alexandre VII non ocorre ren, o que si pasa é que sinto unha forte atracción persoal pola aparición da morte nas obras de arte: memento mori, vanitas, ...
cousas miñas.
Para rematar, cun saúdo para Antonio Martínez, espero que este tira-soga entre Dafne e Proserpina serva para crear interese nos que por aquí se acheguen. Temos Bernini dabondo como para poder elixir segundo a ocasión.
Saúdos e xa nos toparemos neste blog.

Ana dijo...

Mantendremos la complicidad. El tema de la muerte ha sido reiterativo a lo largo de la Historia del Arte. Sabemos que es una de las mayores obsesiones del ser humano y todas las artes lo han reflejado. Por una parte está la necesidad del artista a expresarse, pero por otra, ha sido utilizado siempre por los poderes fácticos en su beneficio. El arte es un vehículo de transmisión de ideas extraordinario, de lectura inmediata (cuando interesa), que puede llegar a todo el mundo y ser muy comprensible. No olvidemos "la Biblia en piedra" que ha sido el arte religioso medieval para los iletrados, o la imaginería barroca.
Te aconsejo que leas el artículo de Calvo Serraller: "Anarquía". Lo enlazaré en el blog.
Un saludo

Anónimo dijo...

Gracias, Ana, por facerte cómplice e tamén pola recomendación do artigo de Calvo Serraller, un crítico ó que sigo con asiduidade e interese.
Outro saúdo.

O Curioso Impertinente dijo...

Asomei a LOCUS AMOENUS porque falaba de Bernini e descobrín, para a miña sorpresa, que atribuía o San Andrés do Vaticano a François Duquesnoy. De seguido comprobei, para a miña vergoña, que, en efecto, o dito San Andrés é obra de Duquesnoy.

Conto todo isto porque nun comentario meu nesta entrada puxen o San Andrés, sen dubidar, no haber de Bernini e non é así.
O único paliativo ó meu erro sería que o encárrego destas catro estatuas para o Vaticano fíxoselle a Bernini, e que o San Andrés está fronte por fronte do San Lonxinos (éste si de Bernini) e semellan moito na talla e na disposición.

Sempre está un a aprender.

buy tramadol 100mg online dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails